domingo, 17 de abril de 2011

[Auto]benvida

Antes de nada, gustaríame aclarar que neste blog escribo eu, polo tanto á miña maneira. Con esto quero dicir que non quero discusións porque utilizo castelanismos ou dialectismos, porque eu vou escribir como mellor me veña en cada momento, como mellor me sinta. Aclarado esto, continúo ca miña presentación.

Como xa vístedes, eu son Isa. Algúns coñecerédesme e outros non. Se vos facedes habituais lectores deste blog, o máis probable é que acabedes coñecendo un pouco máis a miña forma de pensar e incluso de ser. Saberedes o que me gusta, o que me apasiona, o que odio, o que non tolero, pois neste espacio persoal publicarei desde textos de libros ou películas, opinións persoais e o meu día a día ata trucos ou consellos sobre fotografía ou calquera outra cousa que eu vaia descubrindo. 

Pouco a pouco irei retocando o deseño do blog, pois está un pouco así por estar. Se non é bonito en contido, polo menos que o sexa esteticamente.  
E máis nada. Non vou alargar esto máis para non dificultar máis a lectura. Espero ir actualizando a menudo, sen deixar demasiado tempo entre entrada e entrada, aínda que a partir de agora tócanos unha tempada de continuos exames, os máis importantes do curso. 


Isa

2 comentarios: