miércoles, 25 de mayo de 2011

2º de Bach.

En días coma hoxe gustaríame ter unha memoria infinita para non olvidar nada do que vivimos o luns. E por que? Pois porque foi a mellor cea que tiven na miña vida; porque foi a cea de fin de curso, de despedida dos meus compañeiros e compañeiras (incluídos profesores) que nunca olvidarei. Pero sobre todo, porque foi con todos vós, os que compartistes conmigo estes dous cursos irrepetibles. Sempre vos terei na miña memoria e, como dixen, gustaríame poder gardar cada momento. Desgraciadamente, algunhas cousas borraranse, pero asegúrovos que só quedarán os mellores momentos. Dos malos, ningún.

En canto á cea… Non hai palabras que a poidan describir, pero resúmense nunha: INCREIBLE. Todo gracias a cada un de vós, que fixestes que fora mellor do que xa podía ser. Un par de discursos emotivos, unhas poucas lagrimiñas, cancións varias e, o máis importante, 29 compañeiros dos que estou orgullosísima!


E despois veu a post-cea. Que dicir… Unha noite perfecta que dudo que se poida repetir. Unha noite única e variada. Alumnos contentillos (e profesores tamén), bailes de alumnos con alumnos, profesores con profesores e alumnos con profesores. Ai, profesores… quen nos diría que algún acabaría como acabou. Que grandes! Eso si que non se me olvidará nunca, nin eses momentos de “demasiada” confianza con eles.
Aínda que fai uns meses non se me pasaba pola cabeza botar de menos a algún deles, hoxe podo afirmar con rotundidade que si, botareinos de menos. As locuras de María Dolores, dentro e fóra da clase; as idas de olla de Sergio, as súas anécdotas e a súa gran borrachera; os chistes de Santi, e as súas clases, que igualmente son un chiste; a gran confianza que nos transmite Antón, o seu apoio e o cariño que nos ten, como nós llo temos a el; as clases metafóricas de Bernardo e as axudas que nos dá “camufladas”; as marabillosas clases de Domingo que, desgraciadamente, nunca volverán, pero sempre quedarán na nosa memoria; os razoamentos de Xan, a súa sabedoría e as súas conclusións; e un longo etcétera do que non me gustaría esquecerme nunca.

Despois desta marabillosa cea de fin de curso, espero seguir véndovos, quedar de vez en cando e facer ceas tanto ou máis espectaculares ca esta, mentres recordamos o que levamos vivido, cada momento nas clases, cada profesor, cada anécdota vivida no instituto na compañía dos demais e cada momento desta “última cea” que nunca olvidaremos.

Agradézovos todo a cada un de vós, fixestes que as clases perderan ese toque aburrido do que soen ter fama. Botareivos de menos a TODOS, a cada un por unha cousa. Uns por estar na mesma clase desde os 3 anos ou desde 5º de Primaria, outros por facer as clases máis graciosas, por comportarse como verdadeiros compañeiros ou, simplemente, por facerse notar.


Gracias, boa sorte e ata pronto.

lunes, 16 de mayo de 2011

Estas ganas de nada, menos de ti.

Este adiós, no maquilla un "hasta luego", 
este nunca, no esconde un "ojalá", 
estas cenizas, no juegan con fuego, 
este ciego, no mira para atrás.
[...]


 

 

 

 

 


Este pez ya no muere por tu boca
este loco se va con otra loca 

estos ojos no lloran más por ti.

[...]


No abuses de mi inspiración,
no acuses a mi corazón
tan maltrecho y ajado
que está cerrado por derribo.
Por las arrugas de mi voz
se filtra la desolación
de saber que estos son
los últimos versos que te escribo,
para decir "condios" a los dos
nos sobran los motivos. 

 
Esta guitarra cínica y dolorida,
con su terco knock knockin' on heaven's door,
estos labios que saben a despedida,
a vinagre en las heridas
a pañuelo de estación. 

 
Joaquín Sabina, Nos sobran los motivos.
  
Gran poeta e músico. Un grande donde os haxa.


domingo, 15 de mayo de 2011

The fucking reality

  Que a vida iba en serio, que non todo era alegría e felicidade. Si, xa o dicía mamá, que na vida sempre nos íamos encontrar con xente hipócrita, cruel, que nos queren arruinar a vida. Pero tamén dicía que nos atoparíamos con unhas poucas persoas que nos farían a vida máis fácil, que nos axudarían sen que nós llo pidamos e que serían capaces de arriscar a súa vida por nós. E que, por riba de todo, deberíamos manter o contacto con eles, demostrarlles cada día o importantes que son para nós porque, unha vez que aparecen no noso camiño, non os podemos deixar escapar; eles serán os pilares da nosa vida, os que, a pesares de todo, nunca nos abandonarán e que sempre se acordarán de nós, nos bos e malos momentos.

  Desgraciadamente, cando atopaches a unha desas persoas pero, sen embargo, por algunha razón, sintes que o perdiches para sempre, cres que é todo culpa túa. Si, porque pensas que non lle agradeciches todo cada día, que non lle dicías o importante que era para ti, mais... pénsalo mellor e si, si que llo dicías, pero parece que xa non eres importante na súa vida. Nestes casos miña avoa (postiza) dicía "Si te olvidan, si te borran da súa vida, é que nunca estiveches nela. Sé forte, non mires atrás e continúa co teu camiño."

  Tiña razón. Seguirei adiante, aínda que me doia. Isto farame máis forte e aprenderei a vivir soa, a valerme por min mesma e a ser totalmente independente. 
  Gracias a esas (poucas) persoas que aínda siguen aquí conmigo.