domingo, 15 de mayo de 2011

The fucking reality

  Que a vida iba en serio, que non todo era alegría e felicidade. Si, xa o dicía mamá, que na vida sempre nos íamos encontrar con xente hipócrita, cruel, que nos queren arruinar a vida. Pero tamén dicía que nos atoparíamos con unhas poucas persoas que nos farían a vida máis fácil, que nos axudarían sen que nós llo pidamos e que serían capaces de arriscar a súa vida por nós. E que, por riba de todo, deberíamos manter o contacto con eles, demostrarlles cada día o importantes que son para nós porque, unha vez que aparecen no noso camiño, non os podemos deixar escapar; eles serán os pilares da nosa vida, os que, a pesares de todo, nunca nos abandonarán e que sempre se acordarán de nós, nos bos e malos momentos.

  Desgraciadamente, cando atopaches a unha desas persoas pero, sen embargo, por algunha razón, sintes que o perdiches para sempre, cres que é todo culpa túa. Si, porque pensas que non lle agradeciches todo cada día, que non lle dicías o importante que era para ti, mais... pénsalo mellor e si, si que llo dicías, pero parece que xa non eres importante na súa vida. Nestes casos miña avoa (postiza) dicía "Si te olvidan, si te borran da súa vida, é que nunca estiveches nela. Sé forte, non mires atrás e continúa co teu camiño."

  Tiña razón. Seguirei adiante, aínda que me doia. Isto farame máis forte e aprenderei a vivir soa, a valerme por min mesma e a ser totalmente independente. 
  Gracias a esas (poucas) persoas que aínda siguen aquí conmigo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario